Unha proposta para A Coruña
Avisar dun buraco, tan doado como mandar un WhatsApp.
Calquera veciño escribe "hai un buraco na rúa Real" ou "esta farola non funciona", cunha foto se quere. O aviso chega ao servizo municipal que corresponde e, cando está resolto, dínllelo.
Unha proposta de Miguel Gamboa, de Betanzos, para o Concello e para todos os grupos municipais.
Hola, hay un bache grande en la rúa Real, delante del número 20
08:12 ✓✓
Gracias por avisar. Lo pasamos al servicio de vías con la foto y el sitio. Te escribimos cuando esté resuelto.
08:12
Cando está resolto
El bache de la rúa Real, 20 ya está arreglado. Gracias por ayudar a cuidar la ciudad.
Como funcionaría
Tres pasos, sen descargar nada
- 01
Escribes
Ao número de WhatsApp, como lle escribirías a calquera e á hora que sexa: "este colector leva días cheo". Cunha foto, se queres.
- 02
Chega a quen toca
A intelixencia artificial entende o aviso, sabe de que se trata (limpeza, iluminación, vías, parques, colectores) e fai chegar o aviso ao servizo que corresponde, coa foto e o lugar.
- 03
Contéstanche
Recibes a confirmación ao momento e outra mensaxe cando o aviso está resolto. Sabes que pasou co que avisaches.
Non é para urxencias: o urxente segue indo ao 092 e ao 112.
Unha porta máis
Non substitúe nada: súmase ao que xa hai
O Concello xa ten un sistema para recibir avisos da rúa. Hoxe chégase a el por teléfono, pola web ou en persoa.
A proposta é abrirlle a porta que todos usamos cada día, WhatsApp, conectada con ese sistema. O aviso entra por onde ao veciño lle resulta máis doado e atendeno os mesmos servizos que o atenden hoxe.
A ferramenta leva o aviso a quen corresponde e cóntalle ao veciño como vai. Arranxalo segue a ser cousa dos servizos municipais.
Non parte de cero
A ferramenta xa funciona
É Bedel, a mesma ferramenta que xa atende por WhatsApp aos estudantes dun colexio maior de Madrid e dunha residencia universitaria de Valencia: recibe os seus avisos e fainos chegar a quen os resolve.
- +20.000
- mensaxes enviadas desde setembro
- 1 de cada 2
- mensaxes chega fóra do horario de oficina: a xente avisa cando ve as cousas
- 0
- aplicacións que descargar: abonda co WhatsApp que xa tes
Fóra do horario de oficina: nunha das residencias, do 1 de setembro ao 25 de outubro de 2026.

Quen o propón
Miguel Gamboa
22 anos, de Betanzos · fundador de Bedel
"Quero moito a miña cidade, e os coruñeses merecen unha cidade limpa, transparente e ordenada."
Acaba de rematar Enxeñaría de Sistemas de Información. Viviu tres anos nunha residencia de estudantes e alí viu que detrás de cada avaría hai alguén esperando a que lle contesten. Dese problema naceu Bedel, e en novembro de 2026 constituíu a súa empresa, BEDEL SOFTWARE, S.L., con sede en Cambre.
Antes fixera Mapa Galicia (mapagalicia.es), un mapa con case 35.000 lugares do patrimonio galego dos 313 concellos. Tivo a sorte de que o contasen La Voz de Galicia, El Español e a Radio Galega.
Prensa e concellos
Escribes sobre isto ou traballas nun concello?
Miguel cóntao encantado, en persoa, por teléfono ou no estudio. A proposta preséntase ao Concello da Coruña e a todos os grupos municipais por igual, e a calquera concello da área que a queira ver.
Ou reserva unha videochamada e ensinámoscha funcionando:
ou escríbenos por WhatsApp · chámanos ao +34 681 676 697
Isto é unha proposta de Miguel Gamboa e de Bedel. Non é un servizo do Concello da Coruña nin está en marcha.